CATEGORÍAS
Últimas chegadasNegocios que se suman ao proxecto
SÚMATE AO PROXECTO QUÉDATE EN MOSTanto se eres un negocio local coma se eres de Mos, animásmosche a participar e colaborar con nós. Porque se quedas en Mos, gañamos todos e todas.
Razóns para apoiar o comercio localSon moitas e moi variadas as razóns polas que é beneficioso mercar no comercio local. Facendo as túas compras nestas empresas, fomentas a creación de emprego e contribues a que os teus cartos non marchen de Mos. A continuación, dámosche tres razóns para que te quedes e colabores con nós:
Preto de ti
Telos moi preto da túa casa, o cal axuda a aforrar nos desprazamentos e contribúe a que a tua compra sexa máis ecolóxica, minimizando deste xeito o impacto medioambiental.
Calidade na atención
Os profesionais do comercio local están especializados no que venden, polo que poderán aconsellarte da mellor forma tendo en conta os teus gustos e intereses.
Apoias aos teus veciños/as
O comercio local traballa con produtores locais, polo que se sustentan as empresas que producen na zona, promovéndose desta forma unha economía sostible e xusta.